Kosmos 285 | |
---|---|
Tipo | Militar |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 3 de xuño de 1969, 12:57 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Obxectivo da misión | Servir como obxectivos para probas de sistemas antisatélite (ASAT) e antimísiles e de control do espazo.[2] |
Decaemento | 7 de outubro de 1969[1] |
NSSDC ID | 1969-049A |
Masa | 325 kg[6] |
Kosmos 285 (Космос 285 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 22, foi un satélite artificial soviético lanzado o 3 de xuño de 1969 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][7][8]
Kosmos 285 foi o vixésimo segundo membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o vixésimo primeiro lanzado con éxito tralo fracaso do lanzamento do segundo membro da serie. Estaba adicado a servir como obxectivo para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.[3][6]
Kosmos 285 foi inxectado nunha órbita inicial de 518 km de apoxeo e 279 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 92,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de outubro de 1969.[1][3][6]