Kosmos 320 | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico / observación terrestre |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 16 de xaneiro de 1970, 10:59 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][4] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Duración da misión | 25 días[2] |
Obxectivo da misión | Proba de sistemas de estabilización aerodinámica no espazo e experimentos con sistemas ópticos.[2] |
Decaemento | 7 de abril de 1967[1] |
NSSDC ID | 1970-005A |
Masa | 375 kg[2][5] |
Dimensións | Cilindro de 6,5 m de longo e 1,2 m de diámetro, cunha cúpula nun dos extremos e unha base anular.[2] |
Kosmos 320 (Космос 320 en ruso), tamén denominado DS-MO N°2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 16 de xaneiro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.[2][4]
Kosmos 320 foi o segundo satélite da serie DS-MO, de dous que se lanzaron (o primeiro foi o Kosmos 149). Foi inxectado nunha órbita inicial de 342 km de apoxeo e 240 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 90,2 minutos.[3][5]
O satélite pesaba 300 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas de estabilización aerodinámicos no espazo, así como experimentos con sistemas ópticos dirixidos á predición meteorolóxica. De forma idéntica ó Kosmos 149, tiña forma de cilindro de 6,5 m de longo e 1,2 m de diámetro, cunha cúpula nun dos extremos e unha base anular da cal, mediante catro barras, sobresaía o estabilizador aerodinámico de forma anular. O sistema de estabilización demostrou ser capaz de orienta-la nave cun erro de 5 graos. A orientación do satélite podíase calcular con maior precisión grazas ós instrumentos científicos de a bordo. O sistema de orientación combinado coas medidas dos instrumentos permitiron correlacionar xeograficamente as medicións destes cunha precisión de entre 10 e 15 km na dirección do nadir.[2][5].
O satélite transmitía os datos a unha frecuencia de 90 MHz mediante unha antena situada na parte superior da base do mesmo. As temperaturas dos instrumentos eran controladas mediante termómetros de resistencia, cuxas medidas usábanse tanto para regula-la temperatura dos mesmos como para axusta-los datos obtidos polos instrumentos.[2][5]
Kosmos 320 reentrou na atmosfera o 10 de febreiro de 1970, tras 25 días en órbita.[1]
Kosmos 320 levaba a bordo unha serie de instrumentos ópticos idénticos ós de Kosmos 149 para observar a Terra:[2]