Kosmos 335 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 24 de abril de 1970, 22:24 GMT[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][6] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo do rango espectral na banda UF.[2] |
Decaemento | 22 de xuño de 1970[1] |
NSSDC ID | 1970-035A |
Masa | 400 kg[7] |
Kosmos 335 (Космос 335 en ruso), tamén denominado DS-U1-R Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 24 de abril de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.[2][6]
Kosmos 335 foi o primeiro e único membro do modelo de satélites DS-U1-R. Estaba adicado a facer observacións da atmosfera terrestre no rango espectral da UF. Foi inxectado nunha órbita inicial de 415 km de apoxeo e 254 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,7 graos e un período de 91,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 22 de xuño de 1970.[1][3][7]
|url=
incorrecto (Axuda) (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2012.