Kosmos 351 | |
---|---|
Tipo | Militar |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 27 de xuño de 1970, 7:39 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Obxectivo da misión | Servir como obxectivos para probas de sistemas antisatélite (ASAT) e antimísiles e de control do espazo.[2] |
Decaemento | 13 de outubro de 1970[1] |
NSSDC ID | 1970-051A |
Masa | 400 kg[6] |
Kosmos 351 (Космос 351 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 34, foi un satélite artificial soviético lanzado o 27 de xuño de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][7]
Kosmos 351 foi o trixésimo cuarto membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o trixésimo primeiro lanzado con éxito tralo fracaso dos lanzamentos do segundo, vixésimo terceiro e trixésimo segundo membros da serie. Estaba adicado a servir como obxectivo para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.[3][6]
Kosmos 351 foi inxectado nunha órbita inicial de 494 km de apoxeo e 282 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 91,9 minutos. Reentrou na atmosfera o 13 de outubro de 1970.[1][3][6]