Kosmos 356 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 10 de agosto de 1970, 19:59 GMT[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][6] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Obxectivo da misión | Estudo do polos magnéticos terrestres.[2] |
Decaemento | 2 de outubro de 1970[1] |
NSSDC ID | 1970-059A |
Masa | 400 kg[7] |
Kosmos 356 (Космос 356 en ruso), tamén denominado DS-U2-MG Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 10 de agosto de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][6]
Kosmos 356 foi o segundo e último membro do modelo de satélites DS-U2-MG, precedido polo Kosmos 321. Estaba adicado a facer observacións científicas dos polos magnéticos terrestres. Foi inxectado nunha órbita inicial de 573 km de apoxeo e 231 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 82 graos e un período de 92,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de outubro de 1970.[1][3][7]