Kosmos 51 | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico / observatorio espacial |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 9 de decembro de 1964, 23:02 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos[2][4] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Proba de sistemas de orientación eléctrica no espazo e observación de raios cósmicos.[2] |
Decaemento | 14 de novembro de 1965[1] |
NSSDC ID | 1964-080A |
Masa | 350 kg[2][5] |
Kosmos 51 (Космос 51 en ruso), tamén denominado DS-MT N°3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 9 de decembro de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]
Kosmos 51 foi o terceiro satélite da serie DS-MT de tres que se lanzaron, e o segundo lanzado con éxito. Foi inxectado nunha órbita inicial de 537 km de apoxeo e 258 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,8 graos e un período de 92,6 minutos.[5]
O satélite pesaba 350 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas de orientación eléctrica mediante xirodino no espazo, así como facer observacións sobre raios cósmicos.[2][5].
Kosmos 51 reentrou na atmosfera o 14 de novembro de 1965.[1]