Tipo | basketball league (en) |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Basketball Federation of Serbia (en) |
Liga superior | Euroleague Basketball |
Liga inferior | Liga Sérvia de Basquetebol (pt) |
Número de participantes | 18 |
Localización e Datas | |
Localización | Serbia 43°57′N 20°56′L / 43.95, 20.93 |
Vixencia | 2006 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | KK Crvena zvezda (2018) KK Crvena zvezda (2017) KK Crvena zvezda (2016) KK Crvena zvezda (2015) KK Partizan (2014) KK Partizan (2013) KK Partizan (2012) KK Partizan (2011) |
Outro | |
Páxina web oficial | kls.rs |
A Košarkaška liga Srbije (en serbio: Кошаркашка лига Србије, Liga de baloncesto de Serbia), coñecida por motivos de patrocinio como AdmiralBet KLS, é a principal competición de baloncesto profesional de Serbia. Fundada no ano 2006, a liga está organizada pola Federación de Baloncesto de Serbia (Кошаркашки савез Србије). Antes do ano 2006 a Liga (YUBA Liga) tamén incluía equipos de Montenegro, mais desde a independencia do país os equipos montengrinos xogan a súa propia competición, a Prva A Liga.
A Liga, organizada pola Federación de Baloncesto de Servia (Košarkaški savez Srbije, KSS), consiste en dúas fases a primeira denomínase Primeira División e consta de 14 equipos, mentres que a segunda recibe o nome de Super Liga e consta de 12 equipos. Desde a temporada 2017–18 os oito primeiros clasificados da Primeira División clasifícanse para xogar a Super Liga, na cal se inclúen os catro equipos serbios que participan na Liga do Adriático (ABA Liga).
Os dous equipos peor clasificados da Primeira División perden a categoría, descendendo á Segunda División da KLS, mentres que os que ocuparon o primeiro e segundo lugar, obteñen a clasificación para a Segunda División da Liga do Adriático. Por outra banda, os doce equipos da Super Liga divídense en dous grupos de seis equipos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasifícanse para a fase de playoffs. Esta fase consiste nunha rolda de semifinais ao mellor de tres xogos e nunha final ao mellor de cinco. Actualmente os equipos da KLS deben dispor dun pavillón con capacidade mínima para 1.000 espectadores.
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, a Liga foi coñecida como:
Os seguintes son os comisionados que dirixiron a Liga desde a súa fundación no ano 2006:
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da KLS.[1] Os clubs que participan na ABA Liga (Primeira División da Liga do Adriático) están representados sobre fondo amarelo e os que participan na ABA Liga 2 (Segunda División da Liga do Adriático) en azul.
Equipo | Cidade | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|
Borac | Čačak | Hala Borac | 3.000 |
Crvena zvezda mts | Belgrado | Hala Aleksandar Nikolić | 5.878 |
Čačak 94 | Čačak | Hala Borac | 3.000 |
Dunav | Stari Banovci | Hala Park | — |
Dynamic Balkan Bet | Belgrado | Hala Ranko Žeravica | 5.000 |
FMP Meridian | Belgrado | Dvorana Železnik | 3.000 |
Kolubara LA 2003 | Lazarevac | Sportski centar Kolubara | 1.700 |
Mega MIS | Belgrado | Hala Ranko Žeravica | 5.000 |
Metalac | Valjevo | Hala Sportova u Valjevu | 1.500 |
Mladost MaxBet | Zemun | Hala Master | 2.200 |
Novi Pazar | Novi Pazar | Sportska Dvorana Pendik | 1.600 |
OKK Beograd | Belgrado | Centar Šumice | 2.000 |
Partizan NIS | Belgrado | Štark Arena | 18.386 |
Sloboda | Užice | Hala Veliki Park | 2.200 |
Sloga | Kraljevo | Hala Sportova u Kraljevu | 3.350 |
Spartak Office Shoes | Subotica | Hala Sportova u Subotici | 3.000 |
Tamiš | Pančevo | Hala Sportova Strelište | 1.100 |
Vojvodina | Novi Sad | Sportski Centar Vojvodina | 7.022 |
Vršac | Vršac | Centar Milenijum | 4.400 |
Zdravlje | Leskovac | Sportski Centar Dubočica | 3.600 |
Zlatibor | Čajetina | Sportski Centar Čajetina | 1.000 |
Club | Campión | Temporadas | Subcampión |
---|---|---|---|
Partizan | 8 | 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 | 3 |
Crvena zvezda | 7 | 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021, 2022 | 5 |
Vršac | 0 | 3 | |
FMP | 0 | 3 | |
Mega | 0 | 1 |
Equipo | Campión | Temporadas | Subcampión |
---|---|---|---|
Crvena Zvezda | 22 | 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1953, 1954, 1955, 1969, 1972, 1993, 1994, 1998, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021, 2022 | 14 |
Partizan | 21 | 1976, 1979, 1981, 1987, 1992, 1995, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 | 17 |
OKK Beograd | 4 | 1958, 1960, 1963, 1964 | 1 |
Proleter Zrenjanin | 1 | 1956 | 4 |
Radnički Beograd | 1 | 1973 | 0 |
Temporada | Vantaxe de campo | Resultado | Desvantaxe de campo | 1º da Super Liga | Récord |
---|---|---|---|---|---|
2006−07 | Partizan | 3–1 | Crvena zvezda | Hemofarm Vršac | 12–2 |
2007−08 | Partizan | 3–1 | Hemofarm Vršac | Partizan | 12–2 |
2008−09 | Partizan | 3–2 | Crvena zvezda | Partizan | 6–0 |
2009−10 | Partizan | 3–0 | Hemofarm Vršac | Partizan | 13–1 |
2010−11 | Partizan | 3–0 | Hemofarm Vršac | Partizan | 13–1 |
2011−12 | Partizan | 3–1 | Crvena zvezda | Partizan | 12–2 |
2012−13 | Partizan | 3–1 | Crvena zvezda | Partizan | 12–2 |
2013−14 | Partizan | 3–1 | Crvena zvezda | Partizan | 13–1 |
2014−15 | Crvena zvezda | 3–0 | Partizan | Crvena zvezda | 13–1 |
2015−16 | Crvena zvezda | 3–1 | Partizan | Crvena zvezda | 6–0 |
2016−17 | Crvena zvezda | 3–0 | FMP | Crvena zvezda | 13–1 |
2017−18 | Crvena zvezda | 3–0 | FMP | FMP | 9–1 |
2018–19
|
Crvena zvezda | 3–1
|
Partizan | Crvena zvezda / Partizan | 10–0
|
2019−20
|
Temporada cancelada pola pandemia de COVID-19 | ||||
2020−21
|
Crvena zvezda | 2–1
|
Mega Basket | Non celebrada | —
|
2021−22
|
Crvena zvezda | 2–0
|
FMP | Non celebrada | —
|