Kuchipudi

Bailarina realizando a danza Kuchipudi.

Kuchipudi (కూచిపూడి en telugu) é unha danza clásica da India propia do estado de Andhra Pradesh, na India, aínda que tamén é popular nos estados meridionais do país. Ten orixe no século XVII.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Kuchipudi fai referencia á vila homónima no Divi Taluka do Distrito de Krishna, da cal toma o nome.

Características

[editar | editar a fonte]

A danza adoita comezar con rituais teatrais, despois dos cales cada un dos personaxes aparece no escenario e se presenta a si mesmo cun dharavu (unha pequena composición musical e de baile). O baile acostuma acompañarse con música carnática, típica do sur do país. Xunto coa interpretación do cantante, tamén se toca o mridangam (un instrumento clásico de percursión do sur da India), o violín, a frauta e o tambura.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]