Kunsten at græde i kor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Kunsten at græde i kor |
Director | Peter Schønau Fog |
Produtor | Thomas Stenderup |
Guión | Bo Hr. Hansen |
Baseado en | The Art of Crying de Erling Jepsen |
Intérpretes | Jesper Asholt Jannik Lorenzen |
Música | Karsten Fundal |
Fotografía | Harald Paalgard |
Montaxe | Anne Østerud |
Estudio | SF Film |
Estrea | Festival de Toronto: 9 de setembro de 2006![]() |
Duración | 107 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Traxicomedia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kunsten at græde i kor é un filme dinamarqués de 2006 dirixido por Peter Schønau Fog.[1] Está protagonizado por Jannik Lorenzen e Jesper Asholt, e conta a historia sobre os esforzos dun neno de 11 anos para manter intacta a súa estraña familia cun padre abusivo, unha nai en estado de negación e unha irmá rebelde durante os disturbios sociais de comezos dos anos setenta.[2] Baséase na novela autobiográfica de Erling Jepsen, e o guión foi escrito por Bo Hr. Hansen.[3] Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.