Kuphus Rango fósil: Oligoceno - presente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Kuphus polythalamia' (Linnaeus, 1758)[2] | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Kuphus é un xénero de moluscos bivalvos con forma de verme dentro da familia Teredinidae. Hai dúas especies extintas, Kuphus incrassatus e Kuphus fistula. A única especie viva do xénero é Kuphus polythalamia, que é o molusco bivalvo máis longo do mundo.
Os membros deste xénero segregan tubos calcarios. En tempos de Carl von Linné consideráronse vermes tubulares e clasificáronse dentro do xénero Serpula. Non se debe confundir co anélido Riftia.[3]
O seu tubo calcario permítelle vivir en terreos enlamados de mangleiral. Os espécimes típicos miden un metro de longo e teñen a forma dunha trompa de elefante. A súa punta anterior é pechada e ten uns 11 cm de diámetro.[4]
Kuphus polythalamia vive no oeste do océano Pacífico, o leste do océano Índico e a zona Indo-Malaia.[5] A súa distribución inclúe as Filipinas, Sumatra e Mozambique.[2]