La Jetée | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Chris Marker |
Guión | Chris Marker |
Música | Trevor Duncan |
Fotografía | Chris Marker |
Montaxe | Jean Ravel |
Distribuidora | Argos Films |
Estrea | 16 de febreiro de 1962 (Francia) |
Duración | 28 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Ciencia ficción |
Na rede | |
La Jetée é unha curtametraxe de ciencia ficción dirixida en 1962 por Chris Marker, con música de Trevor Duncan producida por Anatole Dauman para Argos Studio e editada por Jean Ravel.
A película de 28 minutos realizouse a través de fotografías fixas en branco e negro, empregando a imaxe en movemento só durante uns poucos segundos.
Nesta obra de culto atopou inspiración Terry Gilliam para a súa película 12 Monkeys[1], tamén renden homenaxe ó filme de Marker os videoclips "Dancerama" de Sigue Sigue Sputnik[2] e "Jump They Say" de David Bowie[3].