La Libertad é un municipio salvadoreño do departamento homónimo. Tiña unha poboación estimada de 35 589 habitantes no ano 2013.[1] A economía da poboación está baseada na agricultura e, en maior medida, no sector servizos e na pesca.[2] La Libertad destaca por ser un lugar de lecer e diversión de praia máis preferidos polos capitalinos salvadoreños, debido á súa proximidade e a que desde a segunda metade do século XIX converteuse no porto máis próximo á Cidade de San Salvador, o que lle permitiu desenvolver un sector hostaleiro a carón o mar.