La Palisiada | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ля Палісіада |
Director | Philip Sotnychenko |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Fotografía | Volodymyr Usyk |
Montaxe | Philip Sotnychenko |
Estudio |
|
Distribuidora | VIATEL |
Estrea | Festival de Rótterdam: 29 de xaneiro de 2023 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama e neonoir[1] |
Orzamento | 13 millóns de ₴ |
Recadación | 1,5 millóns de ₴ |
Na rede | |
![]() ![]() |
La Palisiada (en ucraíno: Ля Палісіада) é un filme ucraíno de 2023 escrito, editado e dirixido por Philip Sotnychenko, no seu debut como director.[2][3]
Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.
Un psiquiatra forense enfróntase á complicada historia do asasinato dun policía apenas uns meses antes da sinatura do Protocolo número 6 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos, que prevía o rexeitamento da pena de morte.[5]
A idea do filme xurdiu despois que o director do filme descubrise que en 1996, Ucraína estaba en segundo lugar no mundo, despois da China, en termos de número de sentenzas de morte (89). De 1991 a 1996, mais de 600 pessoas foron executadas.[6]