Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | |||
Concello | Formentera | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 07871 | |||
La Savina é un núcleo urbano que se atopa no norte da illa de Formentera. Está situado na parte norte do Estany des Peix e nel encóntrase o porto que une Formentera con Eivissa e, nalgúns meses do ano, con Dénia.
O porto de La Savina é o porto máis pequeno dos que xestiona a Autoridade Portuaria tanto das Pitiusas como das Baleares. Aínda así, é unha peza imprescindible e vital para a vida cotiá da illa, xa que é a única vía de entrada de pasaxeiros e mercadorías. Polos seus peiraos pasan, cada ano, máis dun millón de pasaxeiros.[1]
É un porto que dispón de peiraos pegados, un peirao destinado á industria pescadora de Formentera e de dous clubs náuticos. O dique de Formentera mide 280 metros e dispón de múltiples puntos para que as embarcacións de maior tamaño e goza dunha moderna estación marítima.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Savina |