La primera vez | |
---|---|
Formato | |
Desenvolvido por | Caracol Televisión |
Dirixido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | «La primera vez» de Manuel Medrano, Juliana Velásquez e Santiago Uribe |
País de orixe | Colombia |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 1 |
Episodios | 13 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Dago García |
Localización(s) | Bogotá |
Duración | 40 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 2160p 4K UHDTV |
Primeiro episodio | 15 de febreiro de 2023 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La primera vez é unha serie colombiana de drama, suspense e romance ambientada nos anos 70. Foi creada por Dago García e producida por Caracol Televisión para Netflix. Estreouse o 15 de febreiro de 2023.
Está protagonizada por Francisca Estévez, Emmanuel Restrepo e Verónica Orozco,[1] xunto con Sergio Palau e Santiago Alarcón nos papeis antagónicos.
O 24 de febreiro de 2023, a serie foi renovada para unha segunda tempada.[2]
Ambientada no ano 1976, conta a historia de Eva, a primeira alumna que chega ao Colexio Distrital José María Root, un colexio masculino que se atopa na cidade de Bogotá. Coa chegada de Eva, os seus compañeiros de clase (sobre todo Camilo) comezan a interesarse pola literatura e as ensinanzas que Eva comparte con eles.