Lacrosse ou Onyx é o nome dunha serie de satélites de recoñecemento mediante radar dos Estados Unidos.[1][2]
Os satélites Lacrosse foron fabricados por Martin Marietta (logo parte de Lockheed Martin) e eran operados pola Oficina Nacional de Recoñecemento (NRO). Usaban un siste de radar de apertura sintética (SAR, en inglés) para cartografar o terreo, posiblemente cunha resolución de 1 metro ou mellor. O programa Lacrosse foi aprobado en 1983 e antes do lanzamento do primeiro satélite foi renomeado a Onyx. Os satélites eran lanzados baixo a denominación Programa 3100 e usaban unha grande antena de radar e paneis solares para xerar potencia eléctrica.[1][2]
Lanzáronse cinco satélites Lacrosse, todos con éxito. O programa rematou despois do lanzamento da quinta unidade e foi continuado polos satélites Topaz.[1][2]
Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Onyx 1 | 2 de decembro de 1988 | Transbordador espacial (misión STS-27) | Éxito |
Onyx 2 | 8 de marzo de 1991 | Titan 4 | Éxito |
Onyx 3 | 24 de outubro de 1997 | Titan 4 | Éxito |
Onyx 4 | 17 de agosto de 2000 | Titan 4 | Éxito |
Onyx 5 | 30 de abril de 2005 | Titan 4 | Éxito |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lacrosse |