Laeosopis roboris | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Laeosopis roboris é un insecto Lepidóptero da familia Lycaenidae, a única especie do xénero Laeosopis.
Laeosopis roboris foi descuberta e descrita por Esper en 1793.
É unha bolboreta pequena que na súa parte superior é de cor gris escura con reflexos violetas e bordo de á escurecido, cuxas ás posteriores están festonadas.
O dorso é de cor ocre con liñas submarxinais discretas de cor laranxa, bordo rematado con fimbrias brancas.[1]
Habita na follaxe dos fresnos, pola mañá cedo descende a alimentarse de plantas umbelíferas, v.g. Foeniculum vulgare.[Cómpre referencia]
Univoltina, voa nunha xeración, desde finais de maio até finais de xullo segundo a localidade e a altitude, de 100 a 1600 metros.
Pasa o inverno en forma de ovos sobre xemas de fresno.
As súas plantas hóspedes son fresnos, Fraxinus excelsior, Fraxinus angustifolia.
A súa área de distribución limítase ao suroeste de Europa, Portugal, España, Francia.[2][3][4]
É un lepidóptero dos bosques, sebes e pequenos bosques de fresnos.