Lagosuchus Rango fósil: Triásico Medio, 230 Ma | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Lagosuchus talampayensis Romer, 1971 |
Lagosuchus é un xénero de pequeno arcosauro avemetatarsaliano do período Triásico medio e serodio. Pénsase que está estreitamente relacionado cos dinosauros, como membro do Dinosauromorpha.[1] Os seus fósiles foron atopados na formación Chañares da Arxentina, a datación dos cales é incerta; algunhas fontes dátano do Triásico medio mentres que outras ó Carniano temperán.
A especie tipo, Lagosuchus talampayensis, foi descrita por primeira vez por Alfred S. Romer en 1971, quen o considerou como un "pseudosuquio" (daquela unha colección de varios dinosauros "tecodontes").[2] En 1972, nomeouse unha segunda especie, Lagosuchus lilloensis, coñecido por un grande esqueleto ben conservado.[3] Unha revisión posterior de José Fernando Bonaparte en 1975 considerou as dúas especies como sinónimas e considerou o Lagosuchus como un intermedio entre os "pseudosuquios" e os dinosauros saurisquios.[4]