Lapa rústica

Lapa rústica

Patella rustica nas rochas

Vista ventral de Patella rustica
Vista ventral de Patella rustica

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Superfamilia: Patelloidea
Familia: Patellidae
Xénero: Patella
Especie: P. rustica
Nome binomial
'Patella rustica'
Linnaeus, 1758
Sinonimia
  • Patella gorgonica da Costa, 1771
  • Patella lusitanica Gmelin 1791
  • Patella lusitanica var. minor Marion, 1883
  • Patella nigropunctata Reeve, 1854
  • Patella polita Risso, 1826
  • Patella punctata Lamarck, 1819
  • Patella punctulata Gmelin, 1791 (dubious synonym)
  • Patella rustica var. maroccana Pallary, 1920
  • Patella rustica var. orientalis Pallary, 1938
  • Patella squamata Röding, 1798
  • Patella subgranularis de Blainville, 1825
  • Patella variabilis Risso, 1826

A lapa rústica[1] (Patella rustica ou Patella lusitanica) é un molusco gasterópodo da familia dos patélidos. Habita na zona intermareal onde bate moito a marea, sobre as rochas do litoral mediterráneo, e no atlántico de Mauritania a Biarritz [2]. A cuncha é un cono achatado cun ápice central, de cor abrancazada ou acastañada con finas costelas radiais[3], con estrías escuras no interior da cuncha. A súa lonxitude pode chegar os 50 mm de longo[4].

  1. Nome comercial da especie en Galicia
  2. Erhardt Moosleitner e Hans A. Baensch Marine Atlas 2. Steven Simpson Books, 2003, páxina 570
  3. Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt Guía dos moluscos de Galicia, Galaxia, 1996, páxina 22
  4. Erhardt Moosleitner e Hans A. Baensch ob. cit.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]