Larrea divaricata

Larrea divaricata

Larrea divaricata, detalle das follas, flor e froito.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Zygophyllales
Familia: Zygophyllaceae
Subfamilia: Larreoideae
Xénero: Larrea
Especie: Larrea divaricata
Sinonimia[1]
  • Covillea divaricata (Cav.) Coville
  • Larrea divaricata f. subsericea Hauman
  • Larrea divaricata f. viscosa Hauman
  • Larrea monticellii Perrone & Caro
  • Neoschroetera divaricata (Cav.) Briq.
  • Schroeterella divaricata (Cav.) Briq.

Larrea divaricata é unha especie de pequena matogueira da familia Zygophyllaceae. É orixinaria das rexións áridas de América do Sur. Foi descrita por primeira vez en 1800 polo botánico español Antonio José Cavanilles.[2]

Distribución

[editar | editar a fonte]

É endémica do oeste de Suramérica: Bolivia (Chuquisaca); Chile, o Perú (Arequipa, Ica, Moquegua). É unha especie prominente da Arxentina, en especial na provincia fitoxeográfica do Monte, a cal se estende dende Salta no norte até Chubut na Patagonia.[3] Tamén está presente na provincia fitoxeográfica chaqueña e patagónica.[4] Está estreitamente emparentada coa norteamericana Larrea tridentata, e no pasado foi formalmente tratada como a mesma especie.

  1. "Larrea divaricata Cav.". Tropicos. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2015-03-01. 
  2. "Chaparral (Larrea divaricata)". Plant profiler. Sigma-Aldrich. Consultado o 2015-03-01. 
  3. Morello, J. (1958). La provincia fitogeográfica del Monte. Opera Lilloana, 2: 5–155.
  4. Ezcurra, Exequiel; Montana, Carlos; Arizaga, Santiago (1991). "Architecture, Light Interception, and Distribution of Larrea Species in the Monte Desert, Argentina". Ecology (en inglés) 72 (1): 23–34. ISSN 1939-9170. doi:10.2307/1938899. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-22.