Le Jeu | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Le Jeu |
Director | Fred Cavayé |
Produtor | Stéphane Célérier Valérie Garcia Camilla Nesbitt Pietro Valsecchi |
Intérpretes | Bérénice Bejo |
Música | Christophe Julien |
Fotografía | Denis Rouden |
Montaxe | Mickael Dumontier |
Estudio | Medset Film SAS Mars Films |
Distribuidora | Mars Distribution |
Estrea | 17 de outubro de 2018 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama e comedia |
Orzamento | 7 990 000 €[1] |
Na rede | |
Le Jeu é un filme francés de 2018 dirixido por Fred Cavayé. Trátase dun remake do filme italiano Perfetti sconosciuti, de Paolo Genovese, estreado en 2016.
Durante unha cea de amigos, tódolos presentes deciden xogar a un «xogo». Todos deben pousar os seus teléfonos móbiles no medio da mesa. Cada mensaxe, chamada ou correo electrónico debe ser totalmente compartido cos demais.