«Le temps perdu» | ||
---|---|---|
Canción de Mathé Altéry | ||
Lanzamento | 1956 | |
Formato | ||
Gravada | ||
Xénero musical | ||
Lingua(s) | Francés | |
Duración | ||
Discográfica | ||
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | André Lodge (música) Rachèle Thoreau (letra) | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Le temps perdu» ([lə tɑ̃ pɛʁ.dy]; en galego: «O tempo perdido») é unha canción composta por André Lodge e interpretada en francés por Mathé Altéry.[1] Foi elixida para representar a Francia no Festival de Eurovisión de 1956 tras ser seleccionada internamente pola emisora francesa RTF.[1][2]
Le temps perdu | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1956 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | André Lodge (música) Rachèle Thoreau (letra) |
Director | Franck Pourcel |
Resultados | |
Posto na Final | 2.º[a] |
Puntos na Final | - |
Cronoloxía | |
«Il est là» (1956) ► |
«Le temps perdu» foi seleccionada para representar a Francia no Festival de Eurovisión 1956 pola emisora francesa RTF.[1]
A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante francesa Mathé Altéry.[2] A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.[4]
Foi interpretada en quinto lugar, seguindo a Alemaña con Walter Andreas Schwarz interpretando «Im Wartesaal zum großen Glück» e precedendo a Luxemburgo con Michèle Arnaud interpretando «Ne crois pas».[3] O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.[5]
As puntuacións da votación nunca se fixeron públicas, deixando moito espazo para a especulación. Os intentos de reconstruír a votación entrevistando a membros do xurado durante o últimas cinco décadas non obtiveron ningún resultado fiable.
Predecesor: Primeira aparición |
Francia no Festival de Eurovisión 1956 |
Sucesor: «Il est là» Dany Dauberson |