![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1979 ![]() Pawtucket, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Witwatersrand ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, música, escritora, actriz, activista ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
Lebogang Mashile, nada nos Estados Unidos de América o 7 de febreiro de 1979, é unha actriz, escritora e presentadora surafricana.[1]
Filla de pai e nai exiliados, que regresaron a Suráfrica a mediados da década de 1990 tras a fin do apartheid.[2] Comezou a estudar Dereito e Relacións Institucionais na Universidade de Witwatersrand, pero deixouna para dedicarse á arte. Canda a Myesha Jenkins, Ntsiki Mazwai e Napo Masheane fundoiu o grupo poético Feela Sistah.[3]
En 2004 apareceu no filme Hotel Rwanda, e actuou en numerosas producións teatrais, como Threads,[4] onde combina danza, música e poesía. Gravou un disco de actuacións en directo que xunta poesía e música, chamado Lebo Mashile Live.[3] Coproduciu e presentou o programa documental L’Attitude en SABC 1[1] e presentou o programa concurso Drawing the Line en SABC 2.[3]
En 2005 publicou o seu primeiro poemario, In a Ribbon of Rhythm,[5] polo cal recibiu o Premio Noma en 2006.[3] En 2016 editou un EP co músico e produtor Majola.[6]