Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1952 (72 anos) Manchester, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Nova York University of Alabama at Birmingham (en) Western Reserve Academy (en) Universidade de Nova Hampshire (pt) New York University School of Medicine (en) University of Houston–Clear Lake (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial da armada, médico militar, astronauta, tripulante de submarino |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | capitán de navío |
Tempo no espazo | 10 días, 19 horas e 42 minutos |
Misión do astronauta |
Lee Miller Emile Morin, nado en Manchester, Nova Hampshire, o 9 de setembro de 1952, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-110.[1]
Morin graduouse en matemáticas e ciencias eléctricas pola Universidade de Nova Hampshire en 1974. É máster en bioquímica pola Universidade de Nova York en 1978 e ten un doutoramento en medicina, así como un grao en microbioloxía, pola Universidade de Nova York en 1981 e 1982 respectivamente. Tamén ten un máster en saúde pública pola Universidade de Alabama en Birmingham en 1998.[1]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando na misión STS-110 e pasando un total de 10,82 días no espazo.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lee Morin |