Leinster Rugby

Leinster Rugby
NomeLeinster Rugby
UniónIRFU
Fundación1879; hai 145 anos
Sede Dublín, Irlanda
Estadio(s)RDS Arena (18.500 espect.)
Aviva Stadium (51.700 espect.)
PresidenteMick Dawson
AdestradorLeo Cullen
CapitánJonathan Sexton
CapsGordon D'Arcy (257)
AnotadorJonathan Sexton (1.438)
EnsaiosShane Horgan (69)
Liga(s)Pro14
2018−19Campións. 1º (conferencia B)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.leinsterrugby.ie/
Instagram: leinsterrugby Editar o valor en Wikidata

O Leinster Rugby (en irlandés: Rugbaí Laighean) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby, e é o equipo irlandés máis laureado tanto a nivel local como a nivel europeo, onde é o equipo con máis Champions Cup gañadas xunto co Toulouse. O equipo representa a Leinster na Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia.

O Leinster ten a súa en Dublín, capital da República de Irlanda, e disputra os seus encontros como local no RDS Arena, estadio con capacidade para 18.500 espectadores. Cando a capacidade do estadio non é suficiente, o equipo xoga algúns encontros no Aviva Stadium, recinto con capacidade para 51.700 seareiros.[1] Antes de trasladarse ao RDS en 2005, o estadio local do Leinster era o Donnybrook Stadium. A cor principal do club é o azul, sendo o símbolo do equipo a arpa de Leinster, a cal figura na bandeira provincial. O Leinster converteuse en equipo profesional en 1995 á vez que o resto de equipo provinciais irlandeses: Connacht, Munster e Ulster. O equipo compiten no Pro14, antes coñecido como Celtic League e Pro12, desde a súa creación no ano 2001. Anteriormente competía no Campionato Interprovincial da IRFU.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

O equipo de rugby representativo da provincia de Leinster existe dende a segunda metade do século XIX, e nos seus comezos adicouse a xogar encontros interproviciais fronte ós equipos das outras 3 provincias irlandesas, empregando ós mellores xogadores dos diversos clubs locais da provincia. O primeiro deses campionatos interprovinciais levouse a cabo en 1875, enfontándose a Munster e Ulster. Daquela, para un xogador, defender as cores da propia provincia comezou a significar o chanzo previo para representar á propia selección irlandesa no torneo das Home Nations, que naceu en 1883.

Profesionalismo

[editar | editar a fonte]

Durante as seguintes décadas Leinster Rugby foi unha simple selección provincial que xogaba torneos interprovinciais de pouca relevancia, até que en 1995 a IRB tomou a decisión de converter ó rugby nun deporte profesional, e a IRFU tomou a decisión de que en Irlanda existirían só 4 equipos profesionais, os 4 que até entón eran as seleccións provinciais, é dicir: Connacht, Leinster, Munster e Ulster. Eses 4 equipos, convertidos en algo semellante a franquías deportivas profesionais, competiron por vez primeira na nova Copa de Europa de rugby (chamada Heineken Cup por razóns de patrocinio). Leinster Rugby amosou a súa competitividade xa dende a edición 1995-96 da Heineken Cup, acadando a rolda de semifinais, na que caeu fronte a Cardiff RFC. Nos seguintes 5 anos, Leinster Rugby non foi quen de superar a fase de grupos na máxima competición continental, caendo sempre eliminado antes das roldas de eliminatorias.

Nace a Celtic League

[editar | editar a fonte]
O RDS Arena, fogar principal de Leinster Rugby, e o Aviva Stadium, en Dublín.

A tempada 2001-02 viu o nacemento dunha nova competición ligueira, a Celtic League, na que se enfrontarían os mellores equipos de Gales, Escocia e Irlanda. Iso supuxo que dende ese ano os 4 equipos provinciais irlandeses terían que ter un grupo de xogadores permanente para disputar a liga e maila competición europea, pasando de disputar 6 encontros por ano, a máis de 30. Nesa tempada Leinster Rugby fíxose co campionato na nova liga celta, por diante de Munster Rugby, e conseguiu clasificarse para cuartos de final na Heineken Cup, caendo fronte a Leicester Tigers.

Na tempada 2002-03 o equipo chegou de novo a semifinais na Heineken Cup, caendo nesta ocasión fronte ó equipo francés USAP. Na tempada 2003-04 caeu na fase de grupos. Na tempada 2004-05 caeu nos cuartos de final fronte a Leicester Tigers. Na tempada 2005-06 conseguiu o subcampionato na liga celta, e chegou ata a semifinais da Heineken Cup, pero caeu diante de Munster Rugby. O título europeo que acadou Munster ese ano, sumado ó que acadara Ulster en 1999, deixaba a Leinster Rugby como o único dos 3 grandes equipos irlandeses que non gañara a Copa de Europa de rugby.

Na tempada 2006-07 Leinster fracasou de novo ó caer nos cuartos de final da Heineken Cup. Na seguinte tempada, a 2007-08, o fracaso sería aínda maior na máxima competición europea, caendo na fase de grupos, pero na liga celta acadou o seu segundo título de campión, por diante dos Cardiff Blues.

Éxitos na Heineken Cup

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2008-09 había no equipo unha mestura de grandes xogadores veteranos como Brian O'Driscoll e novas promesas como Jonathan Sexton, que comezaron a marcar unha época no equipo e no rugby europeo. Leinster Rugby fíxose coas Copas de Europa de rugby nas edicións 2008-09 (fronte a Leicester Tigers), 2010-11 (fronte a Northampton Saints) e 2011-12 (fronte a Ulster Rugby), caendo eliminado tan só na 2009-10 por Stade Toulousain. A eses éxitos súmanse os subcampionatos na Celtic League/Pro12 nas tempadas 2009-10, 2010-11 e 2011-12. No ano 2018 o equipo consegue a súa cuarta Champions Cup tras vencer ao Racing 92 na final por 15–12.

Os seguintes son os xogadores de Leinster para o Pro14 de 2019−20.[2]

Equipo de Leinster (Pro14)

Piliers

Talonadores

Segunda liña

Terceira liña

Medios-melé

Aperturas

Centros

Ás

Zagueiros

(c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Xogadores destacados

[editar | editar a fonte]

British and Irish Lions

[editar | editar a fonte]

Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.

Internacionais

[editar | editar a fonte]

Os seguintes son xogadores destacados de Leinster que foron internacionais con seleccións diferentes á irlandesa.

Capitáns

[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os capitáns de Connacht desde o comezo da era profesional.

Jonathan Sexton.
Xogador Temporadas
Nova Zelandia Kurt McQuilkin 1997–1998
Irlanda Gabriel Fulcher 1998–1999
Irlanda Liam Toland 1999–2001
Irlanda Reggie Corrigan 2001–2005
Irlanda Brian O'Driscoll 2005–2008
Irlanda Leo Cullen 2008–2014
Irlanda Jamie Heaslip 2014–2015
Irlanda Kevin McLaughlin 2015
Fidxi Isa Nacewa 2015–2018
Irlanda Jonathan Sexton 2018–

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os adestradores de Leinster desde o inicio da era profesional.

Joe Schmidt (2010–2013).
Adestrador Anos XA V E D V % D %
Gales Ruddock, MikeMike Ruddock 1997/98 – 1999/00 34 16 0 18 47.1% 52.9%
Australia Willams, MattMatt Willams 2000/01 – 2002/03 46 31 3 12 67.4% 26.1%
Australia Ella, GaryGary Ella 2003/04 30 14 2 14 46.7% 46.7%
Irlanda Kidney, DeclanDeclan Kidney 2004/05 25 17 1 7 68% 28%
Irlanda Murphy, GerryGerry Murphy 2004/05 4 2 0 2 50% 50%
Australia Cheika, MichaelMichael Cheika 2005/06 – 2009/10 134 88 4 42 65.7% 31.3%
Nova Zelandia Schmidt, JoeJoe Schmidt 2010/11 – 2012/13 99 77 3 19 77.8% 19.2%
Australia O'Connor, MattMatt O'Connor 2013/14 – 2014/15 61 40 5 16 65.6% 26.2%
Irlanda Cullen, LeoLeo Cullen 2015/16 – presente 134 99 3 32 73.9% 23.9%

Palmarés

[editar | editar a fonte]

European Rugby Champions Cup

European Rugby Challenge Cup

  • Campións (1): 2013

Pro14

Celtic Cup

  • Campións (2): 2019, 2020

British and Irish Cup

  • Campións (2): 2013, 2014
  • Subcampións (1): 2018

Irish Inter-Provincial Championship

  • Campións (22): 1949, 1950, 1955, 1957, 1959, 1961, 1962, 1964, 1965, 1972, 1973, 1976, 1978, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1994, 1996, 1998, 2002

Encontros contra seleccións

[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos resultados de Leinster contra combinados nacionais e rexionais. Nos resultados, os puntos de Leinster aparecen sempre primeiro.

Data Opoñente Localización Resultado Puntuación Notas
17 de novembro de 1945 Nova Zelandia

Kiwis de Nova Zelandia

Lansdowne Road, Dublín Drew 10–10 Detalles da xira
27 de novembro de 1957 Australia

Australia

Lansdowne Road, Dublín Derrota 8–10 Programa do xogo
1 de febreiro de 1961 Suráfrica

Suráfrica

Lansdowne Road, Dublín Derrota 5–12 Programa do xogo
22 de xaneiro de 1964 Nova Zelandia

Nova Zelandia

Lansdowne Road, Dublín Derrota 3–11 Programa do xogo
7 de decembro de 1966 Australia

Australia

Lansdowne Road, Dublín Derrota 3–9 Programa do xogo
15 de novembro de 1972 Nova Zelandia

Nova Zelandia

Lansdowne Road, Dublín Derrota 9–17 Programa do xogo
15 de setembro de 1973 Fidxi

Fidxi

Lansdowne Road, Dublín Vitoria 30–9 Programa do xogo
13 de novembro de 1974 Nova Zelandia

Nova Zelandia

Lansdowne Road, Dublín Derrota 3–8 Programa do xogo
21 de outubro de 1978 Arxentina

Arxentina

Lansdowne Road, Dublín Derrota 13–24
30 de decembro de 1979 Italia

Italia

Donnybrook, Dublín Vitoria 26–10 100 aniversario
8 de outubro de 1980 Romanía

Romanía

Donnybrook, Dublín Vitoria 24–10 Programa do xogo
8 de novembro de 1989 Nova Zelandia

Nova Zelandia

Lansdowne Road, Dublín Derrota 9–36 Programa do xogo
17 de outubro de 1992 Australia

Australia

Lansdowne Road, Dublín Derrota 11–38 Programa do xogo
12 de novembro de 1994 Estados Unidos

Estados Unidos

Donnybrook, Dublín Vitoria 26-15 Programa do xogo
24 de agosto de 1999 Arxentina

Arxentina

Donnybrook, Dublín Derrota 22–51 Resumo do xogo
31 de agosto de 2008 Australia Queensland Reds Donnybrook, Dublín Vitoria 48–19 Resumo do xogo
19 de agosto de 2011 Australia Melbourne Rebels Donnybrook, Dublín Vitoria 14–13 Resumo do xogo
24 de agosto de 2019 Canadá

Canadá

Tim Hortons Field, Hamilton Vitoria 38–35 Resumo do xogo Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
  1. "Leinster to play two matches at Aviva". The Irish Times. 8 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2010. 
  2. "Men's Squad". Leinster Rugby. Consultado o 17 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]