Leptictidium Rango fósil: Eoceno | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fósil de Leptictidium auderiense no Museo Nacional de Historia Natural (París) | |||||||||
Estado de conservación | |||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Especies | |||||||||
L. auderiense |
Leptictidium («pequena donicela grácil» en latín) é un xénero extinto de pequenos placentarios que, xunto cos canguros, os Dipodomyinae e certos homínidos, son uns dos poucos mamíferos totalmente bípedes coñecidos. Morfoloxicamente, este animal destaca pola súa combinación de características típicas dos euterios primitivos con adaptacións moi especializadas. Representa unha das primeiras pólas que se separaran dos placentarios basais[2] e apareceu a comezos do Eoceno, hai aproximadamente 55 millóns de anos. Malia que chegou a ser común en Europa, extinguiuse hai aproximadamente 35 millóns de anos sen deixar descendencia,[3] probablemente por mor do feito de ter evolucionado para vivir en ecosistemas boscosos e non puido adaptarse ás chairas abertas do Oligoceno.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leptictidium |