Leptodactylus fallax | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Leptodactylus fallax Müller, 1926 |
Leptodactylus fallax, tamén coñecido popularmente como "polo das montañas", é unha especie de ra orixinaria das illas caribeñas de Dominica e Montserrat. A poboación declinou un 81% nos últimos dez anos e esta especie esta agora gravemente en perigo de extinción. En 2004 estimouse que a súa poboación estaba por baixo dos 8 000 exemplares.[1] Unha das súas principais ameazas é o consumo humano, xa que son uns animais moi apreciados na especialidade culinaria das ancas de ra. A doenza quitridiomicose tamén ten un efecto dramático na poboación.[2]
A especie distribuíase outrora en moitas das illas orientais do Caribe, mais no presente só habita en Dominica e Montserrat. Tamén estivo presente en Guadalupe, Martinica, Saint Kitts e Nevis, mais hoxe desapareceu deses lugares, e tamén é probable que habitase en Santa Lucía e Antiga. A especie foi introducida sen éxito en Xamaica e Porto Rico.[1] Hoxe, habita exclusivamente na montaña central do norte de Montserrat, perdendo gran parte do seu hábitat no resto da illa por mor das erupcións volcánicas, e no oeste de Dominica.[1][3] Tamén está presente no leste da illa de Dominica, mais a orixe da súa presenza alí non está clara e é probable que fose introducida.[3]