(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1922 Durham, Reino Unido |
Morte | 4 de maio de 2021 (98 anos) Gimingham, Reino Unido (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, pintor, enxeñeiro, fotógrafo |
Período de actividade | 1900 - 1999 |
Xénero artístico | Arte de paisaxes |
Deporte | automobilismo |
Outro | |
Título | Baronete (pt) |
Cónxuxe | Lynn Heneage (1962–) Dinora Delores Mendelson (1948–) |
Fillos | Juliet Marr () Dinora Delores Mendelson Joanne Lesley Marr () Lynn Heneage Rebecca Lynn Marr () Lynn Heneage |
Pais | John Lynn Marr e Amelia Rachel Thompson |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Sir Leslie Lynn Marr, 2º Baronet, nado en Durham o 14 de agosto de 1922 e finado en Gimingham o 4 de maio de 2021, foi un artista inglés e expiloto de carreiras.
Fillo de John Lynn Marr (1877-1931) e Amelia Rachel, orixinalmente Thompson (1884-1971). Educouse na Shrewsbury School e no Pembroke College, Cambridge. Herdou a súa baronía en 1932 coa morte do seu avó, o armador Sir James Marr, 1º Baronet, aínda que non usa o título. Durante a segunda guerra mundial, serviu coa Royal Air Force.
Marr participou en dous Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutando o 17 de xullo de 1954 no Gran Premio do Reino Unido de 1954.[1] Competindo no seu Connaught privado, terminou no décimo terceiro lugar, pero retirouse da súa última carreira de campionato mundial en 1955, despois de que un tubo de freo danado causoulle un trompo.[2][3] Marr competiu en varias carreiras fóra do campionato, cos seus mellores resultados, incluíndo a vitoria na Cornwall MRC Formula 1 Race de 1955 e terminar cuarto no Gran Premio de Nova Zelandia ao ano seguinte.[2]
Marr tamén foi artista,[4] estudando no Borough Polytechnic (máis tarde London South Bank University) con David Bomberg como mestre e é membro do Borough Group.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1954 | Leslie Marr | Connaught Type A | Lea-Francis 4 en liña | ARX | 500 | BEL | FRA | GBR 13 |
ALE | SUI | ITA | ESP | NC | 0 |
1955 | Leslie Marr | Connaught Type B | Alta 4 en liña | ARX | MON | 500 | BEL | NED | GBR Ret |
ITA | NC | 0 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leslie Marr |