Letra (homónimos)

Letra ou Letras poden referirse a:

  • Letra, signo gráfico que forma un alfabeto. As letras suplementarias son as engadidas para enriquecer un determinado alfabeto.
  • Letras, designación xenérica que abrangue as áreas científicas da Lingüística e as Humanidades, incluíndo o ensino de idiomas, os estudos literarios e mesmo as Ciencias Sociais. En España existía a carreira de Filosofía e Letras; en Portugal existen aínda as Facultades de Letras.
  • Letra (música), texto dunha canción.
  • Caligrafía, composición estética da escritura dun individuo (ter boa letra).
  • Letra de cambio, promesa de pagamento.
  • Tipografía (e.g. letra maiúscula e letra minúscula).
  • Letras como metonimia de literatura (por exemplo Día das Letras Galegas como día de homenaxe á literatura galega).
  • Letra Q, formado a partir de LEite, TRAzabilidade e Qualidade, é un sistema de identificación do leite e produtos lácteos obtidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]