Páxina co título da edición de 1573 de De occultis naturae miraculis (Colonia).The Secret Miracles of Nature, páxina do título da edición de 1658 publicada por John Streater.
Levinus Lemnius ou Levino Lemnio[1] (1505-1568) foi un médico e autor holandés.[2]
De habitu et constitutione corporis (1561, Anveres).[9] Traducida como The Touchstone of Complexions (1576) (tradución ao inglés de Thomas Newton)[10]
Herbarum atque arborum quae in Bibliis passim obviae sunt et ex quibus sacri vates similitudines desumunt. En inglés como An Herbal for the Bible (1579, tradución de Newton).[10]
A súa Occulta naturae miracula, un libro de segredos, é a súa obra máis coñecida. Fixéronse moitas edicións e foi moi traducida do latín. Baséase en fontes clásicas, especialmente Aristóteles. Lemnius foi influenciada tamén, polas doutrina dos "aires, augas e lugares" do Corpo hipocrático.[12] A obra intentaba reconciliar a filosofía natural tal como se encontra en fontes clásicas coa doutrina cristiá, especialmente na xeración e reprodución, aínda que salientando aspectos extraordinarios.[13] A súa teoría humoral era complexa, dividindo a flegma en catro tipos, e os outros humores tamén os subdividía.[14]
Considérase que foi o primeiro que mencionou nesta obra a tinguidura dos ósos, utilizando plantas do xénero Rubia.[15] Na mesma obra dálle credibilidade á teoría da impresión materna;[16] a súa teoría da teratoloxía conecta a teoría aristotélica da xeración cos defectos de nacemento.[17] Contribuíu á demonoloxía, con Johann Weyer, ao suxerir que as perturbacións e enfermidades mentais podían ser causadas fisicamente, en vez de seren o resultado da influencia externa.[18] Tamén atribuía a Salomón a invención do compás magnético.[19]
Esta obra dun modo ou outro acabou tendo unha vixencia de case catro séculos. Despois combinouse cun manual alemán sobre obstetricia de Jakob Rüff, para crear a Obra mestra aristotélica, unha obra do século XVII en inglés de consellos sobre sexo e reprodución, aínda vendida nunhas edicións últimas na década de 1930.[20]
↑Tamén escrito Lenneus ou Lennius, orixinalmente Lievin Lemnes ou Lemmens ou Lemse (e tamén en holandés Livinus de Lieven); tamén coñecido noutros países como Levino Lemnio (España), Levinio Lennio (Italia) ou Lemmio (Italia) e Levine Lemnie (Inglaterra século XVI).
↑Lemnius, Levinus (25 de decembro de 1561). De habitu et constitutione corporis, quam Greci kradin, triviales complexionem vocant, libri duo. Omnibus quibus secunda valetudo curae est, apprime necessarii, ex quibus cuique proclive erit corporis sui conditionem, animique motus, ac totius conservandae sanitatis rationem adamussim cognoscere ... Apud Guilielmum Simonem. OCLC029237871.
↑ 10,010,1Braden, Gordon. "Newton, Thomas". Oxford Dictionary of National Biography (edición on line). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/20069. (necesita subscrición ou ser membro das bibliotecas públicas británicas).
↑Adam Crabtree, The Transition to Secular Psychotherapy: Hypnosis and the Alternate-Consciousness Paradigm, p. 555, Ch. 19 in History of Psychiatry and Medical Psychology 2008, Section Three, Part 4, 555-586, doi10.1007/978-0-387-34708-0_19
↑Paul Fleury Mottelay, A Bibliographical History of Electricity and Magnetism (1922), p. 5; on line.
Edwin S. Morby, Levinus Lemnius and Leo Suabius in La Dorotea, Hispanic Review Vol. 20, No. 2 (Apr., 1952), pp. 108–122. Published by: University of Pennsylvania Press. Stable URL: Levinus Lemnius and Leo Suabius in La Dorotea.