Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Lingua | Grego antigo |
Licofrón foi un sofista cuxa procedencia exacta e ano de nacemento e morte se descoñecen.
As fontes de coñecemento das súas reflexións filosóficas proveñen de Aristóteles .
Licofrón di sobre o coñecemento que é a comuñón do saber coa alma, comuñón que se dá por si mesma.
Outros afirman que [hai] unha comuñón coa alma, como o sofista Licofrón, que definía a ciencia como comuñón do saber coa alma.Aristóteles, Metafísica VII 6, 1045b 8ss
Para solucionar a tensión entre o Un e o Múltiple, tema principal da filosofía presocrática, Licofrón negou o Ser, o que "é", tese que pode ser comparada coa de Gorxias:
Tamén os últimos filósofos antigos [Eleáticos, Heráclito] se desvelaban para que o mesmo obxecto non lles resultase ser, ao mesmo tempo, un e múltiple. Por iso, uns suprimiron o "é", como LicofrónAristóteles, Física I 2, 185b 25
Licofrón cre que a lei é un garante dos dereitos cidadáns, pero de ningún modo obriga aos mesmos a ser moralmente bos.
a lei [é], tal como a definiu Licofrón, un garante dos dereitos recíprocos, incapaz, porén, de converter os cidadáns en bos e honestosAristóteles, Política III 9, 1280b 8
Licofrón afirma que a nobreza é unha palabra baleira, e que non hai diferenzas reais entre "nobres" e "plebeos".
É, acaso, [a nobreza] unha cualidade propia das persoas ilustres e valiosas ou, como escribiu o sofista Licofrón, unha palabra absolutamente baleira? [...] [El di que] en verdade, non hai diferenza entre nobres e plebeos