Licor 43 é un licor de fabricación española.
Contén un 31% de volume de alcol, é de textura espesa e de cor amarelento. Confecciónase con zumes de froitas. De feito, o nome de 43 procede dos 43 ingredientes cos que se fai o licor, entre eles vainilla e outras especias.
Adoita beberse acompañado con xeo, e normalmente mesturado con algún refresco, normalmente laranxa, cola ou lima[Cómpre referencia].
Distribúeo desde 1946 a empresa Diego Zamora Conesa, e Cia S.R.C. que máis tarde pasaría a denominarse Diego Zamora S.A., e que ten a súa sede principal en Cartagena. Comercialízase en máis de 50 países, principalmente en Europa do Norte, Estados Unidos, Porto Rico e América Central, e considérase o licor español máis exportado[Cómpre referencia].
Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |