O abun é unha lingua da familia papúa falada en Irian Jaya (Indonesia) polos Yenden.
ISO/DIS 639-3: kgr
Fálase en 18 aldeas da costa norte e interior do centro de Bird's Head, nos subdistritos de Sausapor e Mega de Irian Jaya.
3.000 falantes (2000): 2.000 do dialecto Abun Ji, 600 do Abun Tat e 400 do Abun Je.
Entre 1991 e 1995 traducíronse algúns fragmentos da Biblia.
En 1999 Christine e Keith Berry publicaron A Description of Abun: A West Papuan Language of Irian Jaya.