Achumawi | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Achomawi ou Lingua do Río Pit | |
Falado en: | Estados Unidos | |
Rexións: | California | |
Total de falantes: | 10 (2007) | |
Familia: | Hokana ? Shasta–Palaihnihan Palaihnihana Achumawi | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | acv
| |
Mapa | ||
Status | ||
O achumawi é unha lingua nativa americana falada polo pobo do río Pit. Pertence á familia hokana, e é falada en California.
Antes da chegada dos europeos, os achumawi vivían no nordeste de California, na bacía do río Pit, preto de Montgomery Creek no condado de Shasta.
O grupo étnico comprende 1.000 persoas, en 2007 había 10 semifalantes de avanzada idade.
Orixinariamente o achumawi comprendía nove dialectos: Ihewisedawi, Kosalektawi, Hammawi, Astariwawi, Atwansini, Ajumawi, Ilmawi, Madesi e Itsatawi
Do achumawi consérvanse descricións, listas de palabras e breves textos recollidos a comezos do século XX por Jaime de Angulo e Edward Sapir.
Antes da chegada dos brancos calcúlanse o número de achumawis en 3.000, distribuídos en 28 asentamentos. En 1848 comezan a chegar os brancos ao territorio achumawi, as guerras e as epidemias reducen ao seu número a 1000 en 1910. En 1982 quedaban 10 falantes, todos de avanzada idade, nun grupo étnico de 800 persoas.
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |