Lingua alsea

Alsea
Pronuncia:/ˈælsiː/
Outros nomes:Yakonan
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Oregón
Extinción: 1942, coa morte de John Albert
Familia: Penutiana
 Costa de Oregón
  Alsea
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: aes
Mapa
Status

O alsea foi unha lingua ou grupo de linguas que se falou na costa norte de Oregón (Estados Unidos) ata mediados do século XX, Edward Sapir clasificouna dentro das linguas penutianas.[1]

Dialectos

[editar | editar a fonte]

O alsea estaba constituído por dous dialectos, o alsea que falaba o pobo alsea e o yaquina, que falaba o pobo yaquina, establecido ao norte do territorio alsea.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Antes da chegada dos europeos os alseas eran arredor de 3.000 falantes que vivían en 17 asentamentos. En 1910 quedaban 29.
Os yaquinas eran outros 3.000 que se agrupaban en 55 asentamentos.
En 1875 os falantes das dúas variedades movéronse para a reserva de Siletz, onde predominaba o chinook[2] En 1930 quedaban 9 falantes das dúas variedades. O último falante, John Albert, morreu en 1951 en Oakville [3]

En 1846 Horatio Hale puxo por escrito por primeira vez algunhas palabras desta lingua, concretamente 19 palabras do yaquina[4]. John Milhau recolleu 166 palabras en 1856. Aínda que este primeiro achegamento á lingua foi escaso e realizouse sen os coñecementos suficientes tivo o mérito de se facer mentres os falantes de alsea vivían no seu territorio tradicional vivindo como sempre fixeran[5] En 1884 J. Owen Dorsey realizou traballos lingüísticos en Siletz sobre o yaquina e sobre todo sobre o alsea, utilizou para transcribir os textos un alfabeto fonético que seguía o utilizado por J. Powell en Introduction to the Study of Indian Languages (1880). Livingston Farrand visitou a reserva en 1900 e recolleu textos de carácter antropolóxico, catro en inglés e cinco en alsea. Edward Sapir estivo por pouco tempo entre os alsea en 1906, recollendo algunhas páxinas con palabras e frases, a el débese a súa clasificación como lingua penutiana. Con todo a maior parte do material que se conserva da lingua alsea débese ao lingüista Leo Frachtenberg que en 1910 e de novo en 1913 recolleu textos de falantes da lingua na reserva de Siletz[6], escribiu unha gramática que nunca publicou máis Alsea Texts and Myths (1920), un libro de textos alsea cun extenso vocabulario. O antropólogo Philip Drucker recolleu palabras de dous alseas en 1934 que incluíu na súa obra Contributions to Alsea Ethnography (1939). Melville Jacobs recolleu en 1935 vocabulario e frases e tamén gravou alsea falado, aínda que a gravación sexa actualmente case inaudible[7]. John Harrington foi o último lingüista que puido traballar cun falante de alsea, en 1941 co seu axudante gravou 66 discos de aluminio coa voz de John Albert.

Consoantes

[editar | editar a fonte]

O alsea ten 34 consoantes:

  Bilabial Alveolar Post-
alveolar
Velar Uvular Glotal
central lateral simple labial simple labial simple labial
Ocusiva simple p t     k q    
glotalizada p’ t’     k’ k’ʷ q’ q’ʷ ʔ  
Africada simple   ʦ                
glotalizada   ʦ’ tɬ’              
Nasal simple m n                
glotalizada m’ n’                
Fricativa     s ɬ ʃ x χ χʷ h (hʷ)
Aproximante simple     l j   w        
glotalizada     l’ j’   w’        
  • O status de /hʷ/ é incerto.
  • /s/ é realmente entre alveolar e postalveolar.
: curtas
  • i
  • u
  • a
: longas
: curtas nasais
  • į
  • ų
  • ą
: longas nasais
  • į·
  • ų·
  • ą·
  1. Na clasificación que realizou en 1929 para a Encyclopædia Britannica, Dale Kinkade discorda da súa inclusión en Alsea pronouns, 1978
  2. Marianne MithunThe languages of native North America. Cambridge University Press, 2001, páxina 341
  3. Stephen Adolphe Wurm et al. Atlas of Languages of Intercultural Communication in the Pacific, Asia, and the Americas. Walter de Gruyter, 1996, páxina 1148
  4. Albert Gatschet, Volk und Sprache der Máklaks im südwestlichen Oregon. Globus llustrierte Zeitschrift für Länder- und Völkerkunde, vols. 35 and 36. 1879.
  5. Eugene Buckley Reconstructing the sounds of Alsea. En Scott DeLancey, ed., Papers from the 1988 Hokan-Penutian Languages Workshop. University of Oregon, Publications of the Center for Amerindian Linguistics and Ethnography 1, 9–30.
  6. Marianne MithunThe languages of native North America. Cambridge University Press, 2001, páxina 230
  7. 7,0 7,1 Eugene Buckley Reconstructing the sounds of Alsea. En Scott DeLancey, ed., Papers from the 1988 Hokan-Penutian Languages Workshop. University of Oregon Papers in Linguistics: Publications of the Center for Amerindian Linguistics and Ethnography 1, páxinas 9–30.1988

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]