Archi аршаттен чIат | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ɑːrˈtʃiː/ | |
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Daguestán | |
Total de falantes: | 910 (censo de 2010) | |
Familia: | Caucásico nororiental Lezguio Archi | |
Escrita: | Alfabeto cirílico (desenvolvido en 2006 baseándose no alfabeto avar) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | aqc
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua archi é unha lingua caucásica nororiental falada polo pobo archi que habita na vila de Archib, no sur de Daguestán, Rusia, e noutras seis vilas máis pequenas.
É infrecuente polos seus numerosos fonemas e polo contraste entre as varias fricativas laterais velares xordas, /ʟ̝̊, ʟ̝̊ʷ, ʟ̝̊ː, ʟ̝̊ːʷ/, africadas laterais velares xordas e africadas laterais velares exectivas, /k͡ʟ̝̊, k͡ʟ̝̊ʷ, k͡ʟ̝̊ʼ, k͡ʟ̝̊ʷʼ/, e unha forma fricativa velar lateral sonora, /ʟ̝/. É unha lingua ergativa con catro clases de substantivos[1] e ten un salientable sistema morfolóxico con enormes paradigmas e irregularidades en tódolos niveis.[2] Matematicamente, existen 1 502 839 formas posibles que poden derivar dunha única raíz verbal.[3]