Lingua atong

Atong
Falado en: India e Bangladesh
Total de falantes: 10 000 (total)
4 600 na India
Familia: Sino-tibetana
 Sal
  Boro-garo
   Koch
    Atong
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: aot
Mapa
Status

O a'tong é unha lingua sino-tibetana, do grupo bodo-garo, estreitamente relacionada coas linguas koch, rabha, bodo e garo.[1].

O pobo a'tong vive no curso baixo do río Someswari ou Simsang, na India (nas Garo Hills, estado de Meghalaya) e en Bangladesh (distrito de Mymensingh). O dialecto falado en Bangladesh, denominado Ating, é significativamente diferente do da India. A última investigación sobre o número de falantes é de comezos do século XX, dando 15.000 falantes (10.000 nas Garo Hills e 5.000 en Mymensingh).

Algúns lingüistas afirman que o a'tong podería ser un dialecto da lingua Koch, e os a'Tong considéranse parte do pobo garo, a pesar de que o a'Tong non é comprensible para o resto dos garos. A lingua goza de gran vitalidade, úsanna todos os grupos de idade no seu territorio tradicional.

  1. Jacquesson, François. 2006. La réconstruction du passé: le cas des langues boro-garo. Bulletin de la Société Linguistique de Paris 101(1), 273-303

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]