Betawi basè Betawi, basa Betawi | ||
---|---|---|
Falado en: | Indonesia | |
Rexións: | Iacarta | |
Total de falantes: | 5 millóns (censo de 2000) | |
Familia: | Crioulo baseado no malaio Betawi | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | bew
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua betawi, ou tamén coñecido como malaio de Iacarta ou malaio betawi, é unha lingua falada polo pobo betawi en Iacarta, Indonesia. É a lingua nativa de arredor de 5 millóns de persoas; un número preciso é difícil de determinar debido ao uso vago do nome. O malayo betawi é unha lingua informal popular na Indonesia contemporánea, que se usa como base do argot indonesio e que se fala habitualmente nas telenovelas de Iacarta e nalgúns debuxos animados (por exemplo, Adit Sopo Jarwo).[2] O nome "betawi" provén de Batavia, o nome oficial de Iacarta durante a era das Indias Orientais Neerlandesas. O indonesio coloquial de Iacarta, unha forma vernácula do indonesio que se estendeu dende Iacarta a grandes áreas de Xava e substituíu os dialectos malaios existentes, ten as súas raíces no malaio betawi. Segundo Uri Tadmor, non hai unha fronteira clara que distinga o indonesio coloquial de Iacarta do malaio betawi.[3]
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua betawi |