Candoshi-shapra | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Kandozi-Chapra, Shapra | |
Falado en: | O Perú | |
Total de falantes: | 1.120 (2007) | |
Familia: | Macroarauaca ? Macroxíbara ? Candoshi-shapra | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | cbu
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua candoshi-shapra (tamén coñecida como candoshi, candoxi, kandoshi, kandozi-Chapra,[2] e murato) é unha lingua indíxena illada falada por varios milleiros de persoas no oeste de América do Sur ao longo dos vales dos ríos Chapuli, Huitoyacu, Pastaza e Morona. Hai dous dialectos, chapara (tamén escrito Shapra) e kandoashi (Kandozi). É unha lingua oficial do Perú, como outras linguas nativas nas áreas nas que se falan e son a lingua predominante en uso. Ao redor do 88,5 por cento dos falantes son bilingües co castelán. A taxa de alfabetización en candoshi-shapra é do 10 ao 30 por cento e do 15 ao 25 por cento en castelán como segunda lingua. Hai un dicionario candoshi-shapra, e as regras gramaticais foron codificadas.