Chuuk | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Federados de Micronesia | |
Rexións: | Chuuk | |
Total de falantes: | 48.200 (2005) | |
Familia: | Austronesia Malaio-polinesia Oceánica Micronesia Micronesia nuclear Chuúkico-pohnpeica Chuúkica Chuuk | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | chk | |
ISO 639-3: | chk
| |
Mapa | ||
Status | ||
O chuuk, chuukés ou trukés é unha lingua trúkica da familia austronesia falada principalmente nas illas de Chuuk nas Illas Carolinas da Micronesia. Tamén posúe falantes en Pohnpei e Guam. Estímase que hai arredor de 48,200 falantes desta lingua na Micronesia.[1]
O chuuk posúe a característica pouco común de iniciar as palabras con consoantes xeminadas (dobres). O antecesor común das linguas micronesias occidentais crese que tamén tiña esta característica, mais a maioría dos descendentes modernos perdérona.[2]
Truk e chuuk son diferentes ortografías, e ambos, o antigo tr e o actual ch transcriben o son /tʂ/.