Lingua cofán

Cofán
A'ingae
Outros nomes:Kofan ou kofane
Falado en: Colombia e Ecuador
Total de falantes: 2 400 (2001–2008)[1]
Familia: Linguas illadas
 Cofán
Status oficial
Lingua oficial de: Ecuador: oficial no seu propio territorio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: con
Mapa
Status

O cofán está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua cofán (tamén chamada kofan ou kofane; autónimo: a'ingae) é unha lingua indíxena falada polo pobo cofán na provincia de Sucumbíos no nordeste de Ecuador e no sur de Colombia (Nariño e Putumayo).[3]

Malia que o cofán é unha lingua ameazada, está clasificada como lingua en desenvolvemento con arredor de 1400 a 2400 falantes.[4] Existen dúas variedades de cofán: o aguarico (falado en Ecuador) e o San Miguel (falado principalmente en Colombia).[4] Arredor do 60% dos falantes de cofán en Ecuador están alfabetizados na súa propia lingua.[5]

O uso do cofán en Ecuador está conectado co uso da lingua en documentos de dereitos de propiedade da terra e ao ensino bilingüe nas escolas. En Colombia, o cofán está máis ameazado por mor da violencia, os desprazamentos e o matrimonio interracial.[4]

  1. "A lingua cofán en Ethnologue". Consultado o 17 de abril de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Fischer, R. W. (2007). "Clause linkage in Cofán (A'ingae), a language of the Ecuadorian-Colombian border region". Language endangerment and endangered languages: linguistic and anthropological studies with special emphasis on the languages and cultures of the Andean-Amazonian border area. Indigenous Languages of Latin America (ILLA) 5. Leiden: CNWS Publications. pp. 381–399. hdl:11245/1.277948. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gijn, Rik van; Haude, Katharina; Muysken, Pieter (2011-04-29). Subordination in Native South American Languages (en inglés). John Benjamins Publishing. ISBN 9789027287090. 
  5. "Cofán". Ethnologue. Consultado o 23 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]