Gong | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Ugong | |
Falado en: | Tailandia | |
Total de falantes: | 80 (2000, David Bradley) | |
Familia: | Linguas sino-tibetanas Gong | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
O gong ou ugong é unha lingua sino-tibetana con menos de 100 falantes. Fálase en Tailandia.[2]
O gong foi documentado por primeira vez nunha fonte occidental na década de 1920 (nun artigo do médico e botánico irlandés A. F. G. Kerr), cando xa estaba en declive.[3] Nos 70, David Bradley comezou a estudar a lingua en diversas áreas nas que aínda se empregaba, excluíndo dúas rexións das referidas por Kerr, onde xa desaparecera.[4] Posteriormente, varias das aldeas foron abandonadas a causa da construción de encoros nos ríos Kwae Yai e Khwae Noi, o que empeorou a situación da lingua.[4] Na actualidade, atópase en situación de especial vulnerabilidade, xa que os últimos falantes nativos naceron arredor dos 70.
Non existe consenso sobre a clasificación concreta da lingua gong. Segundo Bradley, trátase dunha variante das linguas lolo-birmanas, aínda que non encaixa con precisión nas linguas búrmicas nin nas loloicas.[4] Pola súa banda, Andrew Hsiu defende a súa adscrición a unha póla independente das linguas tibeto-birmanas, no canto de agrupalas coas lolo-birmanas.[5]
Hai dous dialectos: