Huichol 'Wixárika Niukiyari[1] | ||
---|---|---|
Falado en: | México | |
Rexións: | Nayarit, Xalisco, Durango e Zacatecas. | |
Total de falantes: | 44 800 (censo de 2010) | |
Familia: | Uto-azteca Meridional Corachol-azteca Corachol Huichol | |
Escrita: | Latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | En México ten recoñecemento como lingua nacional [2] | |
Regulado por: | Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | hch
| |
Mapa | ||
Status | ||
O huichostle ou huichol é unha lingua da familia uto-azteca falada en México polo pobo huichol, que se chama a si mesmo Wixarika e que habita nos estados mexicanos de Nayarit como grupo maioritario, Xalisco, Durango e Zacatecas. A lingua está recoñecida pola "Lei de Dereitos Lingüísticos" como unha "lingua nacional" de México, xunto con outras 62 linguas indíxenas e o castelán.[4] O nome huichol provén da adaptación ó náhuatl do autónimo wixarika, debido a que en lingua huichol o "a" pode chegar a escoitarse como "o"; r e l son alófonos e a pronuncia de x que era sibilante foi interpretada como africada tz entre os séculos XVII e XVIII (época en que puido ocorrer o préstamo da palabra), máis a perda da sílaba -ka, deu como resultado huitzol en náhuatl e a súa castelanización huichol.[5]
O huichol é unha lingua uto-azteca, do grupo sonorense ou mexicano, do mesmo xeito que o pima, o mayo ou o náhuatl. A lingua máis achegada ó huichol é o cora ou nayeri, xunto co cal forma a póla lingüística corachol. A rexión huichol aséntase no espiñazo da Serra Madre Occidental, no estado de Xalisco. Os huicholes habitan nos concellos de Huejuquilla el Alto, Mezquitic e Bolaños, ó norte do estado de Xalisco, así como en La Yesca e El Nayar, no estado de Nayarit, e hai grupos minoritarios nos estados de Zacatecas e Durango.
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |