Lingua ixil

Ixil
Pronuncia:[ɪ̆ʃɪ̆l]
Falado en: Guatemala
Rexións: Departamento de El Quiché
Total de falantes: 69 000 (1998)
140 000 (2001)[1]
Familia: Maia
 División oriental
  Mameana
   Ixileana
    Ixil
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ixl
Mapa
Status

O ixil está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O ixil é unha das linguas maias faladas en Guatemala. Segundo os estudos lingüísticos históricos, o ixil xurdiu como unha lingua separada nalgún momento arredor do ano 500.[3] É a lingua nai do pobo ixil, que comprende a poboación das vilas de San Juan Cotzal, Santa María Nebaj e San Gaspar Chajul, nas terras altas de Guatemala. Por mor da emigración, tamén existe unha comunidade falante de ixil en Cidade de Guatemala e nos Estados Unidos. Malia que existen algunhas diferenzas no vocabulario entre as falas das tres vilas, son todas mutuamente intelixibles e deben ser consideradas dialectos dunha única lingua.

  1. Noj, Mario Ruben. 2001. Manual de Interpretación del Mapa Linguistico de Guatemala, Editorial Nojib'sa.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Colby, Benjamin N., Pierre L. van den Berghe. 1977. Ixiles y Ladinos: El Pluralism Social en el Altiplano de Guatemala. Guatemala: Editorial "Jose de Pineda Ibarra". p. 57.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Asicona Ramírez, Lucas, Domingo Méndez Rivera, Rodrigo Domingo Xinic Bop. 1998. Diccionario Ixil de San Gaspar Chajul. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín.
  • Cedillo Chel, Antonio, Juan Ramírez. 1999. Diccionario del idioma ixil de Santa María Nebaj. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín.
  • Maximiliano Poma S., Tabita J.T. de la Cruz, Manuel Caba Caba et al. 1996. Gramática del Idioma Ixil. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín.