Muisca Muysccubun | ||
---|---|---|
Pronuncia: | mʷɨskkuβun | |
Outros nomes: | Chibcha ou muysca | |
Falado en: | Colombia | |
Rexións: | Altiplano Cundiboyacense | |
Extinción: | c. 1800[1] | |
Familia: | Americana Chibcha Chibcha–Motilon Chibcha–Tunebo Muisca | |
Escrita: | numeración muisca | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | chb | |
ISO 639-3: | chb
| |
Mapa | ||
Status | ||
O muisca ou chibcha[2] é unha lingua extinta da familia chibcha de Colombia, falada historicamente polo pobo muisca, unha das catro civilizacións indíxenas de América. Os muiscas habitaban nas terras altas centrais (Altiplano Cundiboyacense) do que hoxe se coñece como Colombia. O nome da lingua, muysccubun ou muyskkubun na súa propia lingua significa "lingua do pobo" ou "lingua dos homes", de muyska / muysca ("xente" ou "home") e kubun / cubun ("lingua" ou "verba").[3] O termo chibcha quere dicir "mira, home!".[4]
En 1580, debido ó gran número de falantes, foi declarada lingua xeral do Novo Reino de Granada. Creáronse cátedras de Lingua Xeral en Santa Fe onde se ensinaba a lingua muisca ós sacerdotes que debían evanxelizar os indíxenas dos «vales de Bogotá e Tunja», epicentros dos seus dous principais dialectos. A lingua muisca é coñecida grazas ás crónicas e as "fontes primarias da lingua muisca", cinco documentos de corte lingüístico de finais do século XVI e comezos do século XVII por misioneiros das ordes dominica e agostiña co único obxectivo de evanxelizar os indíxenas muiscas. Isto supuxo a aparición de gramáticas, catecismos e vocabularios, como os manuscritos e outros impresos de Juan de Castellanos, Bernardo de Lugo, José Domingo Duquesne e Ezequiel Uricoechea, que permitiron a filólogos e lingüistas do século XIX achegarse a unha lingua extinguida oficialmente a raíz da Real Cédula de Carlos III, que ordenou o 16 de abril de 1770 o ensino do castelán como lingua oficial do Imperio. Porén, dende moito antes a lingua muisca deixara de falarse nalgúns lugares do altiplano, como proba o feito de que en Tabio, o 17 de marzo de 1751, o Fiscal Protector Juan Antonio Peñalver fixo unha visita a dito concello e ó seu agregado Subachoque, pregoando na praza «por voz de lingua española por non falarse xa a dos indios».[5]
Segundo as fontes primarias, a lingua muisca era denominada muysccubun polos indíxenas, verba que segundo se expón na gramática do manuscrito 158 da Biblioteca Nacional de Colombia, componse dos termos muysca (xente ou persoa) e cubun (lingua, ou lingua de nación).[6] No caso do termo “muysca” é preciso prescindir da derradeira vogal para darlle un carácter posesivo.[7] A transcrición fonolóxica da palabra é /mʷɨskkuβun/.[8]
Pódese describir como unha lingua aglutinante e polisintética. A orde da oración é suxeito obxecto verbo.
De acordo coa investigadora María Stella González,[8] pódese presentar o seguinte cadro de fonemas para a lingua muisca:
Anterior | Central | Posterior | |
---|---|---|---|
Pechada | i <i, j, y> |
ɨ <ɣ, y, i, e, Ø> |
u <u, v, gu> |
Media | e <e> |
o < o, u > | |
Aberta | a < a > |
labial | alveolar | postalveolar/ retroflexa |
velar | glotal | |
---|---|---|---|---|---|
nasais | m < m > |
n < n > |
|||
oclusivas xordas | p < p > |
t < t > |
k < c, q > |
h < h > | |
fricativas sonoras | β < b, f > |
ɣ < g, u, h > |
|||
fricativas xordas | s < s, ss, ſ, x > |
ʂ <cħ, ch, x> tʂ <ʒh, z, x, ch> |
Os signos en cursiva e entre < > reflicten diversas representacións ortográficas empregadas nas fontes coloniais para representar os diferentes sons.
O xenitivo sinálase suprimindo a vogal final do nome. Os sufixos de caso son -c(a), n(a) e -s(a), son marcadores de meta, localización e curso, respectivamente.
Os pronomes persoais:[9]
Muysccubun | Fonética | Español |
---|---|---|
hycha | /hɨʂa/ | eu |
mue | /mue/ | ti, vostede |
as(y) | /asɨ/ ou /as/ | el, ela, / eles, elas |
chie | /ʂie/ | nós |
mie | /mie/ | vós |
Pronomes demostrativos:
Muisca | Fonética | Galego | Nota |
---|---|---|---|
ysy | /ɨsɨ/ o /ɨs/ | ese, esa / eses, esas | (Refírese ó que está lonxe da persoa que fala)[10] |
xis | /sisɨ/ o /sis/ | ese, esa / eses, esas | (Refírese ó que está preto da persoa que fala)[10] |
Porén, existen tamén outro tipo de pronomes que se engaden a outras palabras como verbos e obxectos. Estes pronomes “adxacentes”, se acompañan obxectos outórganlles un carácter posesivo, e se acompañan verbos din que suxeito fai a acción.
Pronomes adxacentes:
Muisca | Fonética | Galego |
---|---|---|
z(e)- / i- | /tʂɨ/ - /i/ | eu |
(u)m- | /um/ o /m/ | ti |
a(sy)- | /a/ ó /asɨ/ | el, ela / eles, elas |
chi- | /ʂi/ | nós |
mi- | /mi/ | vós |
O sistema verbal caracterízase pola presenza de marcadores do verbo "ser" ou "verbo substantivo":
Os demais verbos están agrupados en dous tipos de conxugación, segundo o tempo presente-pretérito estea marcado polos sufixos -squa ou -suca. A conxugación inclúe prefixos persoais (ze-, um-, a-, chi-, mi-, asγ-). Unha característica do sistema son os verbos de baixa especificación semántica, como a raíz verbal -b-ta-(-squa) que sinala transitividade, posponse ás marcas de cada verbo transitivo para adquirir un significado concreto (por exemplo u-b-ta-squa = soltar); tamén a raíz transitiva -b-ga(-squa). A raíz verbal intransitiva -mi(-squa) entra na composición dos verbos intransitivos.[11]
Para o pobo muisca, os numerais estaban estreitamente relacionados co seu calendario lunar.[12] Para contar os números do 11 ó 19, os muiscas facíano comezando coa palabra quihicha, que quere dicir «pé», debido a que ó rematar de contar cos dedos das mans, pásase ós dos pés. Así, por exemplo, once sería quihicha ata, doce sería quihicha boza, etc., até chegar a 20, que é gueta.[13][10]
Muisca | Fonética | Galego |
---|---|---|
agueza | /aɣuɨtʂa/[8] | Nada, non hai |
ata | /ata/[8] | Un |
boza | /βotʂa/[8] | Dous (Non confundir co topónimo Bosa) |
mica[10] | /mika/[8] | Tres [10] |
muyhyca[10] | /mʷɨhɨka/[8] | Catro [10] |
hyzca[10] | /hɨtʂka/[8] | Cinco [10] |
taa | /taa/[8] | Seis |
cuhupqua[10] | /kuhupkua/[8] | Sete[10] |
suhuza[10] | /suhutʂa/[8] | Oito |
aca[10] | /aka/[8] | Nove |
ubchihica[10] | /uβʂihika/[8] | Dez [10] |
Vexa a proba da Wikipedia en Lingua muisca |