Munxaniano Munjī | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /mun'ʒɪː/ | |
Outros nomes: | Munxaní, Munxhan, Munxivar | |
Falado en: | Afganistán | |
Rexións: | Badaghxán, Distrito de Kuran wa Munjan Nordeste de Afganistán nos vales de Munxán e Mamalga | |
Total de falantes: | Uns 3.700 (ano 2000) | |
Familia: | Indoeuropea Indoiranias Irania orientais orientais meridionais Linguas do Pamir Munxaniano | |
Escrita: | De facelo usan a escrita perso-arábiga | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non | |
Regulado por: | Ningún | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -
| |
ISO 639-2: | - | |
ISO 639-3: | mnj
| |
SIL: | mnj
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
O munxaniano tamén chamada lingua munxaní ou munxí (en persa) é unha lingua indoeuropea da rama de linguas iranias pertencente ao sub-grupo de linguas do Pamir falada ao nordeste do Afganistán, na provincia de Badaghxán. É moi parecida á lingua idgá que fálase naparte máis alta do Lutkuh, Val do Chitral, no oeste de Garam Chishma en Paquistán.
A área do Garam Chishma chegou a ser importante durante a Invasión Soviética do Afganistán porque os soviéticos non foron capaces de deter o fluxo de armas , materiais e persoas polo Paso Doráh que separa o Chitral do Badaghxán.
O munxiano divídese en catro dialectos:
Estes dialectos comparten entre eles un 68% de similitude lexical, do 56% ao 80% co idgá en Paquistán. Os falantes de munxiano son, habitualmente bilingües co dari falada no Afganistán. Os falantes monolingües adoitan ser mulleres. O índice de alfabetización en munxiano está por debaixo do 1%. O índice de alfabetización en dari entre os munxiano falantes está entre o 15 e o 25%.
Os dez primeiros números en munxiano son: