Lingua náhuatl da Huasteca

Náhuatl da Huasteca
Mexkatl, mexikanoh, nawatl
Falado en: México
Rexións: Huasteca
Total de falantes: Total:' ±1 089 000
Oriental: 410.000 (1991)
Central: 196.000 (2000)
Occidental: 400.000 (1991)
Familia: Uto-azteca
 Nahua
  Náhuatl
   Náhuatl da Huasteca
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: varios:
nhe — Lingua náhuatl da Huasteca oriental
nch — Lingua náhuatl da Huasteca central
nhw — Lingua náhuatl da Huasteca occidental
Mapa
Status

O náhuatl da Huasteca está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua náhuatl da Huasteca (en náhuatl: Cuextecapan nahuatlahtolli) é unha variedade da lingua náhuatl falada na rexión da Huasteca, en México por máis dun millón de persoas do pobo náhuatl. Os seus falantes distribúense na devandita rexión entre os estados de Hidalgo (variedade oriental) e San Luis Potosí (occidental).[2] É falada polos huastecos como segunda lingua.[3] É, ademais, a variante de náhuatl máis falada.[4] Ethnologue divide o náhuatl da Huasteca en tres linguas: a "central" falada no estado de Hidalgo (196.000 falantes e con código nch), a "oriental" falada en Veracruz (493.000 falantes e con código nhe) e a "occidental" falada en San Luis Potosí (400.000 falantes e con código nhw), xa que xulgan que se require literatura separada para representar cada unha, mais sinalan que hai un 85% de intelixibilidade mutua entre as variedades oriental e occidental.

A radio XEANT-AM emite en náhuatl da Huasteca.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O náhuatl da Huasteca é falado nos seguintes concellos dos estados de Hidalgo, Veracruz e San Luis Potosí,[5] e o número de falantes en cada concello no ano 2005 era:

Hidalgo (121.818)
  • Huejutla Reyes (56.377)
  • Huautla (18.444)
  • Yahualica (14.584)
  • Xochiatipan (12.990)
  • Atlapexco (12.445)
  • Jaltocan (6.978)
Veracruz (98.162)
  • Chicontepec (41.678)
  • Ixhuatlán de Madero (21.682)
  • Benito Juárez (11.793)
  • Ilamantlan (9.689)
  • Ixcatepec (6.949)
  • Zontecomatlán (6.371)
San Luis Potosí (108.471)
  • Tamazunchale (35.773)
  • Axtla de Terrazas (17.401)
  • Xilitla (16.646)
  • Matlapa (16.286)
  • Coxcatlan (12.300)
  • Chalchicuautla (10.065)
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Kimball: p. 196.
  3. Inali (2008). "Catálogo de las Lenguas Indígenas Nacionales: Variantes Lingüísticas de México con sus autodenominaciones y referencias geoestadísticas" (PDF). Diario Oficial de la Federación. Consultado o 25 de outubro de 2015. 
  4. "Nahuatl, Eastern Huasteca". Ethnologue (en inglés). Consultado o 2022-05-06. 
  5. Rodríguez e Valderrama 2005:168

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kimball, Geoffrey (1990). "Noun Pluralization in Eastern Huasteca Nahuatl". International Journal of American Linguistics 56 (2): 196–216. doi:10.1086/466150. 
  • Rodríguez López, María Teresa, and Pablo Valderrama Rouy. 2005. "The Gulf Coast Nahua." In Sandstrom, Alan R., and Enrique Hugo García Valencia. 2005. Native peoples of the Gulf Coast of Mexico. Tucson: University of Arizona Press.
  • Beller, Richard; Patricia Beller (1979). "Huasteca Nahuatl". En Ronald Langacker. Studies in Uto-Aztecan Grammar 2: Modern Aztec Grammatical Sketches. Summer Institute of Linguistics Publications in Linguistics, 56. Dallas, TX: Summer Institute of Linguistics and the University of Texas at Arlington. pp. 199–306. ISBN 0-88312-072-0. OCLC 6086368. 
  • Stiles, Neville Náhuatl in the Huasteca Hidalguense: A Case Study in the Sociology of Language (1983) PhD Thesis, University of St. Andrews, Scotland.