Nurago | ||
---|---|---|
Falado en: | ||
Extinción: | Século II | |
Familia: | Lingua illada Nurago | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
O nurago, tamén coñecido como paleosardo ou protosardo, é unha lingua extinta, ou quizais un conxunto de linguas, falada na illa mediterránea de Sardeña polo antigo pobo sardo durante a era nuraga. Despois da conquista romana e do estabelecemento dunha provincia específica, produciuse un proceso de cambio de lingua no cal o latín se converteu pouco a pouco na única lingua falada polos habitantes da illa. Crese que o nurago deixou a súa pegada na onomástica da illa, así como nos topónimos, os cales semellan preservar sufixos gramaticais, e un número de palabras na lingua sarda moderna.