Paresí | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Arití | |
Falado en: | Brasil | |
Rexións: | Mato Groso | |
Total de falantes: | 1800 (2014)[1] | |
Familia: | Americana Arauaco Meridional Paresí-waurá Paresí | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pab
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua paresí (tamén chamada haliti-paresi ou paresi-haliti polos falantes) é unha lingua arauaca falada no Brasil. Hai aproximadamente 2000 membros do pobo paresí, e preto de 1800 (~90% da poboación) falan a lingua. Os paresí viven no estado de Mato Grosso, máis concretamente en nove territorios indíxenas: Río Formoso, Utiariti, Estação Parecis, Estivadinho, Pareci, Juininha, Figueira, Ponte de Pedra e Uirapuru. En termos de ameaza da lingua, non está en perigo inmediato. Utilízase en moitos dominios cotiáns, pero hai unha falta de transmisión ás xeracións máis novas, así como un evidente cambio lingüístico ao portugués. Isto é o resultado do uso do portugués no ensino e na saúde, así como da integración da cultura brasileira entre o pobo paresi, creando cambios na súa lingua e nas súas prácticas culturais.[3]
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |