Puinave Wãnsöhöt | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [wãnsɤhɤt] | |
Falado en: | Colombia e Venezuela | |
Rexións: | Guainía e Amazonas | |
Total de falantes: | 3 000 (2001–2008)[1] | |
Familia: | Americana Makú Puinave | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pui
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua puinave, tamén coñecida como waipunavi ou wanse, é unha lingua indíxena de Colombia e Venezuela, falada polo pobo puinave na rexión do Orinoco, presente no leste de Colombia (Guainía) e o oeste de Venezuela (Amazonas), dende o río Apaporis até o río Guaviare,[3] e sobre todo no río Inírida. Segundo os censos destes países, é falada por pouco máis de 3.300 persoas.[4]
Polo xeral, considérase unha lingua illada,[5] aínda que tamén foi clasificada como parte da familia makú-puinave.[6] Un estudo comparativo considerou posíbel unha relación xenética do puinave cun proto-makú e ademais un eventual substrato aínda non coñecido.[7]
Malia ser unha lingua estudada e recoñecida dende hai décadas,[8] como moitas linguas amazónicas, está en risco de desaparecer.[3] O reducido da poboación que a fala e a dificultade da súa pronunciación para os hispanofalantes poden estar entre as causas.[8]
A lingua puinave presenta os seguintes fonemas:[7]
Consoantes
labial | alveolar | velar | glotal | |
---|---|---|---|---|
oclusivas xordas | p | t | k | ʔ |
nasais | m | n | ||
fricativas xorda | s | h |
A oclusiva labial [p] realízase como sonora [b] en ambiente nasal e como labializada [pw] ou [bw] ao comezo da palabra. A nasal [m] realízase como labial sonora prenasalizada [mb] ao comezo da palabra antes de vogal oral. A oclusiva alveolar [t] realízase como sonora [d] antes das vogais nasais medias e como a vibrante simple [ɾ] antes das demais vogais nasais. A nasal [n] realízase como alveolar sonora prenasalizada [nd] ao comezo da palabra ao comezo da palabra antes de vogal oral. A oclusiva velar [k] realízase como sonora [g] antes de consoante nasal fricativa e varía libremente con [g] ao final da palabra.[7]
Vogais
Orais | Nasais | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
coronais | dorsais | labiais | coronais | dorsais | labiais | |
altas | i | ɯ | u | ĩ | ||
medias | e | ɤ | o | ɤ̃ | õ | |
baixas | a | ã |
As vogais altas coronal [i] e labial [u] realízanse como as aproximantes [j] e [w], nas marxes da sílaba. A alta coronal [i] palatalízase ao comezo da palabra como as sonoras oclusiva [ɟ], fricativa [ʝ] ou nasal [ɲ].[7]
O puinave é unha lingua tonal que presenta tons alto, baixo, ascendente e descendente.[7]
páx. 162
FAMILIA MACU-PUINAVE
pp. 1-3
páx. 17, notas 1 e 2